1º ETAPA XIX MINHO FLORIDO + Fotos Fotogaleria pag. 13-14..

28.05.2011 17:00

O pasado Sábado 28 de Maio celebrouse a I Etapa XIX Minho Florido con saída dende Viana do Castelo ata A Guarda e volta de regreso a Portugal.

Nesta etapa participaron un total de 30 equipos ciclistas que saíron dende Viana do Castelo en Portugal, pasando por Caminha, Vilanova de Cerveira, Tomiño, O Rosal e finalmente A Guarda, onde fixeron unha parada de abituallamento onde ademáis foron recibidos polo Alcalde de A Guarda(José Manuel Domínguez Freitas), o Concelleiro de Deportes(Xavier Freitas) e A Concelleira de Turismo(Montserrat Magallanes), quenes lle fixeron entrega dun recordatorio para os 30 equipos participantes. O representante da Marcha Ciclista tamén agasallou ó Concello da Guarda cun Prato Conmemorativo do XIX Minho Florido.

Tras este acto e parada para un pequeno descanso, o grupo continuou o seu percorrido de volta ata Viana do Castelo.